Cáritas Lugo recoñece o labor dos voluntarios

Cáritas recoñece aos seus voluntarios

O 22 de abril, e dentro dos actos de Cáritas Lugo con motivo dos seus 50 anos de existencia, houbo un recoñecemento ao labor dos voluntarios. En representación de todos eles, foron 4 os que recibiron unha figura alusiva ao cincuentenario da institución: Rosario, Sofía, Jasmina e sor Trinidad. Esta última voluntaria, da congregación da Sagrada Familia de Burdeos, supera os 90 anos de idade e colabora no roupeiro.

Durante o acto, o director Ginés Plaza dixo que “os voluntarios son a base e o piar. Sen a actuación dos voluntarios non se comprendería nin se levaría a cabo a actuación de Cáritas. Sen eles, a actuación de Cáritas sería mínima. Pero temos a gran sorte, grazas a Deus, de que en Lugo temos cerca de 400 voluntarios. Son 400 persoas que colaboran para levar a cabo la actuación de Cáritas cos pobres, cos últimos, con aqueles irmáns nosos que o necesitan”.

Conclúe o l curso “Operacións Básicas de Cociña” organizado por Cáritas

Curso cociña Cáritas 2

O 7 de abril conclúe o l curso “Operacións Básicas de Cociña” que comezara o día 10 de febreiro. Esta actividade está incluída dentro do Programa Operativo Plurirrexional de Loita contra a Discriminación no que participa Cáritas Lugo. O fin deste curso é formar a traballadores/as para desempeñar o labor de axudantes de cociña, mediante a aprendizaxe de módulos de formación específicos. Contouse coa colaboración da Asociación de Hostaleiros.

No seu 50 aniversario, Cáritas recoñece a colaboración de varias institucións

Institucións que reciben distintivo de Cáritas 1

O día 25 de marzo, ás 12 h na sede de Cáritas en Avda. Américas 93-97, o director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas ás seguintes institucións: Subdelegación do Goberno; Xunta de Galicia; Deputación de Lugo; Concello de Lugo; Delegación da Axencia Tributaria; Vicerreitorado de Lugo.

Con motivo do 50 aniversario de Cáritas diocesana de Lugo, esta organización quere ter un recoñecemento con todas aquelas persoas ou institucións que colaboraron activamente con eles no labor de axuda e solidariedade cos máis necesitados.

Na imaxe (de esquerda a dereita): o Vicerreitor da Universidade de Santiago, García Herradón; o Delegado en Lugo da Axencia Tributaria José MªNúñez; representante da Deputación, Regina Polín; o alcalde de Lugo, J. Clemente López, o director de Cáritas, Ginés Plaza, a Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias; o subdelegado Goberno, Ramón Carballo Páez, e o Delegado episcopal de Cáritas, Antón Negro

Cáritas Lugo recoñece o labor dos párrocos da Diocese na persoa de Luis Soto

Soto e Ginés

O director de Cáritas Diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega dunha distinción a D. Luís Soto Camino dentro da campaña de actos con motivo dos 50 anos da institución caritativa diocesana.

Na figura de D. Luís, creador da parroquia de San Lourenzo de Albeiros, quérese representar o labor de todos os sacerdotes da Diocese que nas súas parroquias mostran o rostro da atención eclesial a todos os necesitados.

Conferencia do Secretario Xeral de Cáritas, Sebastián Mora

Cáritas 50 anos de encontros 2

Co lema “50 anos de Encontros”, Cáritas Lugo inicia unha serie de actos cos que celebrar a súa traxectoria

 O primeiro dos actos é unha conferencia que pronunciará o luns 27 ás oito da tarde no salón de actos do hotel Méndez Núñez Sebastián Mora que é o Secretario Xeral de Cáritas España. O título será “Claves históricas dunha resposta”. 

A %d blogueros les gusta esto: