Os centros xuvenís Don Bosco programarán actividades de verán

A Federacion de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia considérase na obriga de, neste verán máis ca nunca, ofertar actividades de tempo libre educativo para:

  • retomar as relacións e os procesos persoais e colectivos de nenos e mozos;

  • non estigmatizar a poboación máis vulnerable;

  • avaliar os impactos desta crise na infancia e tentar paliar os danos sufridos;

  • educar para a saúde a través do xogo, adquirindo hábitos de hixiene;

  • cumprir co dereito fundamental ao lecer contemplado na Convención dos dereitos do neno e da nena.

Por todo isto, as asociacions de tempo libre dos salesianos acentuarán as medidas de protección da saúde e hixiene dos participantes nas actividades de verán, respectando e cumprindo, no dia a día, as condicións e obrigacións hixiénico-sanitarias vixentes: asumiranse novas rutinas de seguridade (suficientes, realistas, axustadas) e haberá protocolos axeitados ás circunstancias, con pautas claras e sinxelas para todos e todas.

Neste verán máis ca nunca, os centros xuvenís Don Bosco axudarán a moitas familias na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, proporcionándolles a tranquilidade de saber que os seus fillos e fillas se encontran en boas mans, participando nos proxectos de tempo libre educativo.

ASOCIACIÓN XUVENIL ATEIBO

PLAZA DA MILAGROSA, 10 LUGO

TELF: 633 674 528

E-MAIL: CXATEIBO@YAHOO.ES

Mañás de Nadal, organizadas pola asociación salesiana Ateibo

cartel-mañas-de-nadal

Co nome Mañás de Nadal, a Asociación Xuvenil Ateibo organiza os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e os días 2 e 3 de xaneiro, actividades destinadas a nenos e nenas de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria incluídos, é dicir, de 3 -12 anos.

O horario das actividades é de 10 a 13:30h. Hai servizo de gardería antes da actividade de 9 a 10h, e servizo de gardería despois da actividade de 13:30 a 14h.

Os obxectivos son educar en valores a través do xogo, promover unhas vacacións activas axeitadas ás idades dos participantes, favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Actividades da Asociación Xuvenil Ateibo para nenos durante a Semana Santa

mañas_semana_santa_

Durante estes días hai unha serie de actividades no colexio Divina Pastora de Lugo para nenos e nenas menores de 12 anos que teñen así a posibilidade de  ocupar as mañás da Semana Santa con outro tipo de actividades: obradoiros, deportes, animación á lectura, cogos, saídas. Son os días 25, 26 , 27 de marzo e 1 de abril. Organiza a Asociación Xuvenil Ateibo.

A %d blogueros les gusta esto: