A Insigne da Confraría da Virxe da Esperanza celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria o 6 de marzo ás 20:30 h na Parroquia de Santiago a Nova, sé da Confraría. Veranse as contas e memoria de actuacións do ano 2014 e do actual. Nomearanse ou ratificarán contadores e ratificarase o nomeamento dun vocal. Os confrades farán as súas propostas e recibirán os novos estatutos. Tamén se prepararán os actos do Luns Santo.
O Seminario acolle o sábado día sete, ás sete da tarde, unha Eucaristía en acción de grazas, pola recente asinatura (22 de xaneiro) do decreto que declara «venerable» a Luis de Trelles e Noguerol, fundador da Adoración Nocturna. A Eucaristía estará presidida polo bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Seguidamente, no salón de actos do mesmo Centro, dará comezo a asemblea anual regulamentaria con informes da Xunta directiva. Finalizará coa degustación dun viño no mesmo Seminario.