O día 15 de outubro é a festa da fundadora das Carmelitas, Santa Teresa de Xesús. Ese día tamén se celebra a apertura do V Centenario do nacemento de Santa Teresa. Os lucenses están invitados aos seguintes actos no mosteiro de Muxa (Lugo):
-
18:30 Rezo do rosario e vésperas
-
19 h Eucaristía
Ao longo deste Ano Xubilar, a Diocese de Lugo, ademais de ir en peregrinación ao lugar onde naceu Santa Teresa -Ávila-, tamén organizará peregrinacións a lugares nos que hai unha imaxe de Santa Teresa. En concreto, aos seguintes templos:
-
Santa Igrexa Catedral Basílica de Lugo.
-
Mosteiro da Santísima Trinidade das Monxas Carmelitas Descalzas de Muxa.
-
Santuario Nosa Señora do Corpiño.
-
Capela Nosa Señora do Carme de Melide.
-
Igrexa parroquial de San Xoán de Becerreá.