Cadea de Oración pola Vida Consagrada

O día 27 de xaneiro terá lugar un novo encontro con motivo da Cadea de Oración pola Vida Consagrada. Nesta ocasión será na capela do Mosteiro da Inmaculada (praza de Santo Domingo, Lugo), coas Agustinas Recoletas.
Horario: 17:30 Rosario
18:00 Eucaristía e a continuación vésperas

O acto enmárcase na celebración do Ano da Vida Consagrada, que será clausurado o 2 de febreiro de 2016, na Xornada Mundial da Vida Consagrada

Cadea de oración pola Vida Consagrada

A cadea de oración é unha iniciativa suscitada polo Ano da Vida Consagrada  e despois de celebrarse en varios lugares da Diocese, ten a súa continuidade este mes. Haberá unha Eucaristía presidida polo Sr Bispo don Alfonso Carrasco.

* Día: 23 de decembro

* Hora: 9 h

* Lugar: Hermanitas dos anciáns Desamparados (r/ san Roque, Lugo)

As Hermanitas de Lugo prestan o seu servizo aos anciáns máis necesitados desde o ano 1885. Actualmente residen neste centro máis dun centenar de residentes.

Clausura da exposición sobre os carismas da vida relixiosa en Lugo

Exposición

O mércores 9 de decembro inaugurouse no Seminario diocesano a exposición “Carismas da vida relixiosa en Lugo”. No acto interviron o Delegado diocesano para a Vida Consagrada, Marcos Torres (que fixo a bendición da mostra) Finalmente a Coral Amigos do Camiño de Santiago interpretou varias pezas musicais relixiosas.

No Seminario o mércores 16 ás 19h hai unha Eucaristía de acción de grazas presidida polo Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

Cadea de oración pola Vida Consagrada en Santiago A Nova

Cadea oración Vida Consagrada A Nova 1

A celebración tivo lugar o día 25 de novembro de 2015 na igrexa de Santiago A Nova, Lugo. Tras unhas palabras de presentación do párroco, Luciano Armas, houbo Exposición do Santísimo. Logo foi a intervención de representantes de distintos carismas que están no territorio parroquial:

  • Irmáns Maristas

  • Servas de Xesús da Caridade

  • PP. Franciscanos

Finalmente, celebrouse a Eucaristía.

Cadea de oración pola vida consagrada en San Pedro, Lugo

A cadea de oración é na Parroquia de san Pedro (Lugo) o 23 de setembro ás 18 h e participan as Servas de San Xosé (Colexio) e as Obreiras de Xesús (Residencia Doce Nome de Xesús).

Consiste nunha oración pola Vida Consagrada e unha breve comunicación de ambas comunidades sobre o seu carisma.

A %d blogueros les gusta esto: