Así titula un libro o actual arcebispo de Toledo, D. Francisco Cerro. Paréceme unha síntese excelente de espiritualidade positiva e em palabras do autor “pretende transmitir Vida”. Del tomo parte das reflexións.
O reto ao que nos lanza o Bispo é nítido: vivir no agradecemento. Vivir agradecendo. Ser agradecido antes que queixoso. É certo que o mundo non está para moitas alegrías: política nacional, guerras, desconcertos eclesiais, diminución da fe, a idade, a saúde… Pero o pero mal é instalarse na queixa continua. E cantas queixas! Por todo. Canta xente vive continuamente con cara de neno enfadado. Rosmando. Sempre lmentándose. Por todo.
Somos conscientes de que hai males que non dependen de nós. O que non nos xustifica para estar insatisfeitos de todo e con todo. Para sempre botar de menos o que non temos, sen decatarnos do moito, o suficiente, que posuímos. Limitándonos á esterilidade do negativo: “eu non teño”, “a miña parroquia non fai”, “a Igrexa non é…”.
A solución contra a queixa é unha gran dose de verdade e unha confianza esperanzada. Mirar cos ollos de Deus e disfrutar de todo, das cousas pequenas, cotiás, sinxelas. Recoñecer o que temos, o que se nos dá. Disfrutar da novidade de cada día. Da natureza, do xesto amable, da man amiga. Do Deus bo que se regala e nos sostén.
Cómpre volver ao Evanxeo. Ao Evanxeo da loanza, do agradecemento
por todos os dons que nos dá o Señor. Do gozo e a alegría de saber que “para os que aman a Deus, todo lles serve para o seu ben”. Dicía San Juan de la Cruz: “Non mires aos outros. Mira ao Señor”.
A oración, o contacto co Señor, converterán a vida de cadaquén nunha constante loanza. A ter un corazón agradecido. Vivamos a espiritualidade do agradecemento que nos fai saber que Deus sempre actúa no noso favor e esta é a nosa permanente alegría. O camiño agradecido converxe na Eucaristía. O noso máximo bem. Deamos grazas a Deus, sempre, por ela.
Daniel García García
Párroco das Gándaras e Albeiros