- Sor Julia del Barrio centrou a súa intervención nas Xornadas Abertas de Teoloxía en presentar a sociedade de vida apostólica Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl. Algunhas das súas palabras foron as seguintes:
- “Queremos facernos presentes e dar resposta na medida das nosas posibilidades naquelas pobrezas que van xurdindo na sociedade ou que a mesma sociedade vai xerando. Unha das formas de pobreza é a enfermidade. Os anos da miña vida consagrada transcorren no campo da saúde e da psiquiatría. Dos enfermos aprendín moitísimo, tanto como dos libros. Deles aprendín:
- – a pobreza e o abandono, o desprendemento. Cando un enfermo atravesa o umbral dun hospital deixa atrás todo
- – ter confianza e paciencia. A persoa consagrada ten que confiar en Deus.
- – a gratitude ante os servizos máis pequenos. Os detalles pequenos fan moito e ensinan moito.
- – relativizar moitas cousas. Ás veces parécenos que imos gañar o mundo e unha enfermidade fainos as persoas máis vulnerables.”