Durante os próximos días os que sintonicedes a COPE ou Radio María teredes ocasión de escoitar esta mensaxe: “Por San Xosé, día do Seminario” ou tamén algo referente ao lema escollido para este ano: “Señor, que mandades facer de min?” tomado de Santa Teresa de Xesús.
É que os seminarios existen, e existen todos os días do ano. Por iso temos que celebrar o día do seu patrono dunha forma especial. Os seminarios existen porque existe Deus e porque hai homes que seguen escoitando a súa chamada e decídense a seguilo como sacerdotes de Xesucristo.
Estamos afeitos ver o Seminario como lugar de formación, pero é moito máis. O Seminario é unha verdadeira familia, porque a presenza de Deus Pai e do seu Fillo Xesucristo séntese dunha forma especial.
Os seminaristas son mozos que atoparon un tesouro que, nestes tempos, está escondido á maioría das persoas da súa idade. Eles saben de “quen se fiaron” e quen “manda na súa vida”. Saben que van da man daquel que non pasa nunca, que é un valor seguro, e ademais, están dispostos a dar a súa vida por anuncialo ao mundo, e por compartir coa humanidade este tesouro.
Os seminaristas estudan, traballan, xogan, comparten, viven, pero, sobre todo, son felices porque se fiaron… Porque, quen non se vai a fiar do “Amigo que nunca falla”?…
“Por San Xosé, día do Seminario”. Nestes días reza polo Seminario, polos seminaristas, polos formadores e profesores…. Ora polos sacerdotes e pola Igrexa.
Miguel Ángel Álvarez Pérez