Lección inaugural do Curso 2018-2019 no Seminario

O Seminario Diocesano, o Instituto Teolóxico Lucense e o Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (extensión da Universidade San Dámaso) abriron solemnemente o Curso Académico 2018-19 o pasado día 30 de setembro.

Encargouse da lección inaugural Vanesa Ferreiro, que explicou como tralo Concilio de Trento as masas eran catequizadas por ordes relixiosas, pero tamén a arte contribuía a expandir a doutrina, como por exemplo El Greco e o seu cadro “El entierro del conde Orgaz“. En canto á literatura, Frei Luis de León adopta a postura tridentina da desvalorización do mundo terreal, cunha linguaxe simple. Pola súa parte, San Juan de la Cruz e Santa Teresa souberon expresar a súa experiencia mística, e desde o punto de vista da forma, máis complexa, prefiguran o Barroco, pois vai cambiando a maneira de comunicar a mensaxe de Trento.

Trento tamén sinalou as condicións en que se debía realizar o sacramento do matrimonio, algo que se recolle en Peribáñez y el comendador de Ocaña, de Lope de Vega, sinalou Vanesa Ferreiro que a persoa que tivese nas súas mans outra obra do mesmo autor –El peregrino en su patria, que inclúe catro autos sacramentais- podería repasar a doutrina tridentina.

Un dos puntos desa dourina trata das razóns lexítimas para entrar en combate; e a elas se refire o protagonista de El Quijote.

Finalmente, Vanesa Ferreiro referiuse á poesía moralizante de sor Juana Inés de la Cruz, que tamén fomenta o desprendemento das riquezas mundanas, como se vira en Frei Luis de León.

Solemne apertura do Curso Académico no Seminario

O Seminario Diocesano, o Instituto Teolóxico Lucense e o Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (extensión da Universidade San Dámaso) abren solemnemente o Curso Académico 2018-19 o domingo 30 de setembro. Comezan os actos ás 17 h na Capela Maior do Seminario, onde o Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco preside a Eucaristía Votiva do Espírito Santo. A continuación haberá os seguintes actos académicos na Aula Magna

  • Lectura da Memoria do Curso 2017- 2018 por parte da Secretaria do Seminario Diocesano, Dna. Montserrat López Vázquez

  • Apertura do Curso polo Sr. Bispo

  • Lección inaugural: «Barroco y Contrarreforma. Las huellas de Trento en la literatura» por Dna. Vanesa Ferreiro Blanco, Lic. en Filoloxía Hispánica, Titora e Profesora de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia de España no Seminario Menor.

Finalmente, haberá un brinde polo novo período lectivo.

No actual curso o Seminario Menor conta con 40 alumnos, que estudan Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. No Seminario Maior hai seis seminaristas e no Seminario Redemptoris Mater sete.

Este novo curso 2018-19 ten como lema “Aquí estou”.

III Xornada de Portas Abertas do Seminario Menor

O venres 25 de maio de 18 h a 20h, o Seminario Menor Diocesano celebra a III Xornada de Portas Abertas deste curso. Está dirixida ás familias e aos rapaces interesados no coñecemento do Seminario Menor, así como a calquera outra persoa desexosa de achegarse a esta realidade diocesana. A asistencia é libre, e non é necesario confirmala previamente. Quen asistan coñecerán a proposta educativa, as instalacións, o funcionamento ordinario da vida académica e comunitaria, algunhas das actividades e proxectos que se realizan ao longo do curso…

A Xornada comezará cun saúdo e presentación na Aula Magna (acceso dende o vestíbulo principal) e logo unha visita ás instalacións do Seminario Menor, con algunhas paradas en sitios puntuais para a explicación dalgunhas das actividades e dos ritmos de funcionamento do Centro.  

Con esta III Xornada de Portas Abertas o Seminario quere achegarse ás familias que están  pensando no Centro de ensino para os seus fillos no vindeiro curso ou máis adiante no tempo, permitindo un coñecemento de primeira man do lugar e do proxecto educativo.

Xubileu dos Seminaristas no Corpiño

O luns 19 de marzo, Solemnidade de San Xosé e día do Seminario, celebrouse no Santuario do Corpiño o Xubileu dos Seminaristas.
Ás 11:30 h eran recibidos na Carballeira do Santuario, os seminaristas e os seus formadores chegados de varias dioceses de Galicia, tanto dos Seminarios maiores como dos Seminarios menores; seguidamente o Reitor do Seminario de Lugo impartía a Bendición e iniciábase a procesión cara á Porta Santa.
Ás 12:00 h, comezaba a Eucaristía, que presidiu o Reitor dos seminarios de Lugo, David Varela Vázquez, que estivo acompañado polos formadores do propio Seminario; o Reitor, Formador e Director Espiritual do Seminario Maior de Ourense, o Formador do Seminario de Mondoñedo-Ferrol e o diácono José Antonio, quen, logo de ser ordenado o día anterior, tiña a súa primeira celebración como diácono no Corpiño. Pediuse especialmente polo aumento das vocacións, tan necesarias, e ao finalizar impartiuse a bendición a todos os presentes.

Día do Seminario

Xesús chamou a doce homes para que estivesen con El e para envialos a anunciar a boa nova do reino de Deus. Formounos durante varios anos, acolleunos na súa compañía, abriulles o corazón e foilles ensinando todo. Esa mesma historia repítese en cada mozo que entra no Seminario.

Neste Día do Seminario 2018 agradécese a Deus por todas aquelas persoas que puxo para que nos acompañen no noso camiño. Seguro que entre elas hai algún sacerdote. É tamén un día para ofrecer a nosa oración polos sacerdotes, agradecendo o don do seu ministerio e pedir polas vocacións sacerdotais

Como debe ser o acompañamento dos mozos no seu camiño:

Con disponibilidade para pasar tempo con eles, escoitar as súas historias, compartindo penas e alegrías.

Cunha mirada capaz de ver a profundidade do seu corazón sen resultar intruso ou ameazador; con discernimento.

Espertando o desexo, movendo ás persoas do que as ten bloqueadas ou das comodidades nas que descansan; facendo preguntas para as que non hai respostas preestablecidas.

Cunha comunidade cristiá que converta aos mozos en protagonistas, ofrecéndolles experiencias significativas de crecemento e de discernimento.

Con figuras de referencia: crentes que teñan unha clara identidade humana, unha sólida pertenza eclesial, calidade espiritual, paixón educativa e discernimento. Para que haxa figuras cribles, hai que formalas e sostelas, proporcionándolles tamén maiores competencias pedagóxicas.

[Información sobre o Seminario de Lugo]

A %d blogueros les gusta esto: