Estamos na semana de Pascua. Para os cristiáns esta semana é como un só día. É o máis importante do ano porque celebramos o acontecemento central da nosa fe: Cristo resucitou. Isto é o que dá sentido á nosa fe en Cristo. Celebrámolo durante unha semana para expresar que a vida é quen vence, aínda que sen esquecer que a paixón é o camiño da resurrección.
A Semana Santa transcorreu con normalidad e con bo tempo. Co impulso destes días dispoñémonos para afrontar a última etapa do curso pastoral. Agora é o momento de empezar a recoller os froitos do sementado durante o outono e o inverno. Agora é tempo de confirmacións, primeiras comuñóns e vodas. A claridade propia dos días primaverais e estivais que escollemos para este tipo de celebracións é tamén expresión da luz da fe coa que Deus ilumina a nosa vida.
Como os primeiros apóstolos, queremos anunciar a todo o mundo que Cristo resucitou e nós somos testemuñas. Este é a mensaxe central da predicación dos apóstolos.
Miguel Ángel Álvarez