Cáritas Diocesana de Lugo presentou a súa Memoria do ano 2020 e a Semana de Caridade 2021.
O Director, Ginés Plaza comentou as dificultades sufridas por todos durante o ano 2020, como se viron afectadas as persoas atendidas e como o labor de Cáritas, aínda que alterado pola pandemia, non cesou e ningún momento do ano, co fin de poder atender as necesidades das persoas que o requirían.
Antón Negro, Delegado de Cáritas Lugo, falou da importancia da mensaxe da campaña deste ano con motivo do Día da Caridade, cuxo lema é Sexamos Máis Pobo.
Para finalizar, Mónica Yáñez, Secretaria Xeral de Cáritas Lugo, convidou a participar nas actividades que se realizarán durante a próxima semana. O acto central é o Pregón da Caridade, que se celebrará o vindeiro mércores ás 19:00h no salón de actos da Xunta de Galicia e terá como relator a José López Orozco, ex alcalde de Lugo.
Para finalizar Cáritas Diocesana de Lugo agradece a todos os voluntarios a súa solidariedade e esforzo.