O Papa Francisco regalounos unha carta apostólica Patris Corde (Corazón de Pai), con ocasión do 150 aniversario da declaración de San Xosé como Patrón da Igrexa universal.
O obxectivo da Patris Corde, escribe o Papa, é que creza o amor a este gran santo, é ser impulsados a implorar a súa intercesión e imitar as súas virtudes. En efecto, a misión específica dos santos non é só a de conceder milagres e grazas, senón a de interceder por nós ante Deus, como fixeron Abrahán e Moisés, como fai Xesús, “único mediador” (1 Tm 2,5), que é o noso «avogado» ante Deus Pai (1 Xn 2,1), “xa que vive eternamente para interceder por nós (Hb 7,25; cf. Rom 8,34). E imitalos para alcanzar, como eles, o don da Vida Eterna en Cristo.
Destaca Francisco que, despois de María, ningún santo ocupa no Maxisterio pontificio tanto espazo como Xosé: declarado polo beato Pío IX, Patrón da Igrexa Universal, por Pío XII, Patrón dos traballadores, e presentado por San Xoán Paulo ll, como o Custodio do Redentor. O pobo fiel invócao como Patrón da boa morte. Por este motivo o papa Francisco quere compartir algunhas reflexións persoais sobre el; un desexo que, segundo explica, creceu durante os meses de pandemia na que se puido experimentar como «as nosas vidas están tecidas e sostidas por persoas comúns -correntemente esquecidas- que non aparecen en portadas de diarios e de revistas, nin nas grandes pasarelas do último show pero, sen dúbida, están a escribir hoxe os acontecementos decisivos da nosa historia: médicos, enfermeiros e enfermeiras, encargados de repor os produtos nos supermercados, limpadoras, coidadoras, transportistas, forzas de seguridade, voluntarios, sacerdotes, relixiosas e tanto pero tantos outros que comprenderon que ninguén se salva só». (Da meditación do Papa, 27/3/2020).
Tras esta Introdución o Papa presenta a paternidade de San Xosé baixo distintos enfoques, extraendo en cada un consecuencias para a vida do cristián. Segundo o Papa, son sete os caracteres da vida de San Xosé dignos de ser resaltados para enriquecemento da nosa propia vida: Pai amado, Pai de tenrura, Pai na obediencia, Pai na acollida, Pai na valentía creativa, Pai acolledor e por último Pai na sombra.
Oremos para que San Xosé e o Divino Médico fágannos saír desta pandemia con maior fe e amor á eucaristía.
Daniel García García
Director Espiritual Diocesano Adoración Nocturna