Presentación do libro “Lugo en branco e negro”

O xoves 20 de xuño os sacerdotes Jesús Río Ramilo e José Río Ramilo presentaron na libraría Trama o libro da súa autoría titulado Lugo en branco e negro.

Cando foi o 50 aniversario de varias parroquias da cidade de Lugo, José Río pensou en publicar un libro con fotos antigas dos templos e das parroquias. Cando se viu a posibilidade de financiar o proxecto, José Río comezou a buscar fotos de igrexas, e tamén do Seminario, colexios… As fotos son de finais do século XIX e comezos do XX e permiten ver como cambiou a cidade de Lugo. Acompañan ás fotografías informacións que foron buscadas en hemerotecas, páxinas web especializadas…

Na presentación do libro, Jesús Río achegou os seguintes datos: no censo de 1591 había en Lugo 296 veciños cabezas de familia que pagaban impostos. No mesmo censo O Courel tiña 656 veciños cabezas de familia que pagaban impostos, ou sexa máis do dobre. Hoxe voltaron as tornas e O Courel é quen sofre a despoboación.

Na presentación, agradeceuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, e ao seu titular Valentín García Gómez, polo apoiou económico dao para a publicación desta obra non venal.

Ao primeiro capítulo do libro, adícado á muralla, seguen estoutros: Catedral de Santa María, prazas, rúas, novas parroquias, xentes.

Celebración de San Xoán de Ávila

O 10 de maio ás 11:30 h no salón de actos do Seminario comezan os actos de celebración da festa de San Xoán de Ávila, cunha conferencia titulada “San Juan de Ávila, maestro de la Eucaristía”, por Francisco Javier Díaz Lorite, párroco de Sta. María Madre de la Iglesia (Jaén). Ás 13 h na Capela do Seminario Maior celebrarase unha Eucaristía. Este ano cumpren 50 da súa ordenación presbiteral os sacerdotes da imaxe que ilustra esta entrada. E cumpren 25 anos o misioneiro comboniano Juan Antonio Fraile Gómez (cura de Palas de Rei) e Eduardo Funcasta Teijeiro (párroco do Sagrado Corazón, Lugo).

Encontro sacerdotal Montecelo 2019

No Centro de Convivencias Montecelo (San Pantaleón das Viñas, Paderne, A Coruña, teléf. 981 782 590) hai un Encontro sacerdotal os días 19 e 20 de febreiro baixo o título “Que ocupa hoxe o lugar de Deus? As parroquias e as novas formas de relixiosidade”. A Asociación Porta do Camiño organiza o acto, que ten tres sesións:

  • Xornada Mundial da Mocidade Panamá: a experiencia dunha Igrexa viva

  • Panorama das seitas e a “new age” no século XXI

  • Desafíos pastorais ante a nova relixiosidade

As dúas últimas sesións corren a cargo do experto en seitas Luis Santamaría del Río.

Homenaxe a Don Elías Valiña

don-elias-valina-lembrado-por-carmen-pugliese

 O pasado día 29 de outubro, Don Elías Valiña (1929-1989) recibía unha homenaxe en Santiago de Compostela. O xefe do Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago, Luis Celeiro, fixo unha semblanza de Don Elías, a quen se referiu como “cura innovador, valente, ilustrado, solidario e sobre todo amante do Camiño de Santiago. Foi un sabio que puxo o seu talento e os seus brazos na acción xacobea e na recuperación dun dos bens máis prezados que temos os galegos e que ten a humanidade. Deixou a vida na loita cotiá pola recuperación do Camiño”.

 O acto estivo presidido polo deán da Catedral compostelana, Segundo Pérez, quen destacou do homenaxeado que “combinase o traballo polo Camiño, a vida pastoral, e a vida intelectual. Sobre isto último non hai máis que ver o traballo inmenso do Catálogo de arquivos parroquiais da Diocese de Lugo”. Segundo Pérez adiantou unha idea que se baralla tamén como homenaxe a Don Elías: colocar un retrato seu na Oficina do Peregrino, xunto aos doutros valedores do Camiño.

 Tamén tivo unhas palabras para Don Elías a investigadora Carmen Pugliese (autora da montaxe que ilustra esta entrada): “Él é o home que, con escaso, case nulo orzamento, máis fixo polo Camiño de Santiago, e fíxoo por amor.”

Viaxe a Italia

 O clero da Diocese de Lugo que celebra este anos as súas vodas de ouro sacerdotais organizou unha viaxe a Italia para este mes de outubro, co seguinte programa:

DÍA 1º- 17 Outubro LUGO-SANTIAGO-MADRID-ROMA Saída da estación de Autobuses ás 6 h, para ir a Santiago. Chegada a Roma ás 14,30h. Primeira toma de contacto coa cidade Eterna. Visita panorámica da cidade.

DIA 2º- 18.Outubro ROMA Día adicado a venerar a memoria dos Apóstolos.

DIA 3º- 19.Outubro ROMA Xubileo Extraordinario da Misericordia.


DIA 4º- 20.Outubro ASIS

San Francisco e Santa Clara.

DIA 5º – 21.Outubro FLORENCIA

O berce do Renacimiento.

DIA 6º- 22.Outubro BOLONIA- PADUA-VENECIA

San Lucas Evanxelista e San Antonio, o “Doutor evanxélico”.

DIA 7º- 23.Outubro VENECIA

San Marcos e Santa Lucia.

DIA 8º- 24.Outubro MILAN-MADRID-SANTIAGO-LUGO

En Milán: Praza do Duomo, Catedral e galerias de Victorio Emmanuel.

A %d blogueros les gusta esto: