O Papa Francisco convida os fieis de todo o mundo a participar o martes 8 de xuño ás 13 horas da iniciativa de oración “Un minuto pola paz”, que neste ano 2021 está adicada a orar por Terra Santa e polo país asiático de Myanmar.
En Terra Santa o conflito bélico entre Israel e Hamás agudizouse en maio. É considerado o peor que houbo desde 2014.
En diversas zonas de Myanmar hai enfrontamentos entre o exército nacional e os grupos de resistencia, desde o golpe militar do 1 de febreiro de 2021.
Segundo Acción Católica “Un minuto pola paz” é unha proposta simple, masiva, testemuñal para ofrecer a oración e asumirnos como promotores de paz.
“Un minuto pola paz” naceu o ano do histórico encontro entre o Papa Francisco e os presidentes de Israel e Palestina, nos xardíns do Vaticano en 2014, como signo de esperanza que hoxe segue reclamando acordos de paz.