O día 11 de abril ás 19 h, na rúa da Cruz, 3, reunión sobre a Doutrina Social da Igrexa, para tratar do Estado de Dereito e a democracia.
Nos números 407 e seguintes do Compendio da Doutrina Social da Igrexa fálase das necesidades inherentes á democracia:
- debe inspirarse na dignidade de toda persoa humana,
- respectará os dereitos do home,
- asumirá o ben común como fin e criterio regulador da vida política,
- superará o relativismo ético,
- terá unha moralidade nos fins e nos medios,
- manterá a división de poderes,
- os organismos representativos estarán controlados polo corpo social con eleccións libres,
- a práctica do poder farase con espírito de servizo (paciencia, modestia, moderación, caridade, xenerosidade).
O Compendio da Doutrina Social da Igrexa tamén adica varios puntos á necesidade de contar con bos medios informativos para que haxa participación democrática. Medios de comunicación que non son tan bon cando se dá o seguinte:
- concentracións editoriais e televisivas,
- ideologización,
- desexo de ganancia e de control político,
- rivalidades e conflitos entre grupos.