As 5 Delegacións de Apostolado Segrar da provincia eclesiástica galega (Santiago de Compostela, Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo) organizan durante este curso 2016/2017, varios retiros espirituais. En tempo de Nadal, do 2 ao 5 de xaneiro de 2017, na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago. En Coresma, serán do 10 ao 12 de marzo, en Sobrado dos Monxes e no tempo pascual (30 de abril – 2 de maio), na Casa de espiritualidade Santa María do Mar (Dorrón – Sanxenxo).
Coorganizan estes retiros por primeira vez de forma conxunta as 5 delegacións diocesanas de Galicia. Posibilítase que os segrares de diferentes lugares e procedencia (parroquias, movementos e asociacións, amigos…) participen neste tipo de encontros profundos cun mesmo, co Señor e cos irmáns.
O primeiro retiro que estaba previsto facelo na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, entre o 25 e o 27 de novembro tivo que ser suspendido.