Resolución do concurso para o logotipo do Centro de Orientación Familiar (COF)

De entre as máis de 120 propostas recibidas, con gran creatividade moitas, o xurado viu 4 ideas moi valiosas que recibirán unha mención de honra e un premio. Unha das propostas foi a idea base que inspirou a fusión das outras tres, até chegar a unha nova idea que servirá para crear o deseño final do logotipo do COF Diocesano. Esta idea recibirá un premio especial. As outras 3 recibirán un premio.

É posible ver unha selección das propostas presentadas visitando a Sede do COF Diocesano, na rúa Anxo López Pérez 12, Local J. Os debuxos están expostos até o día 24 de xaneiro.

Para asegurar a posibilidade de ver as propostas presentadas poñerse en contacto co COF para confirmar en que horario pode visitarnos. Pode facelo a través do teléfono ou por correo electrónico (www.cofdiocesano.org).

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: