Na igrexa parroquial de Nosa Señora das Dores de Lalín, o domingo 6 de outubro ás 18.30 horas o grupo de teatro Arume ofrecerá a representación de Jesús el Cristo co obxectivo de colaborar coa delegación local de Mans Unidas para as súas distintas iniciativas.
O codirector do grupo, Juan García, fundou Arume na primavera do ano 1978 sobre todo con alumnos de institutos da cidade de Pontevedra.
Desde 1979 e até a actualidade Arume representa durante a Semana Santa “La Pasión” texto escrito polo fundador e director do grupo que se varía cada ano e co que percorreu diversos puntos da xeografía galega. O actor que encarna a Xesús, é un dos actores máis veteranos (corenta anos representando a Paixón), e traballa como profesor nun instituto da cidade de Pontevedra. Esta representación figura desde 1998 no Museo que sobre as representacións que se fan da Paixón de Xesús en España teñen o PP. Pasionistas en Zaragoza.
En 1987 representa “Los últimos días de Jesús” orixinal do propio grupo.
Arume foi convidado polas delegacións de mocidade do Bispado de Mondoñedo-Ferrol e do Arcebispado de Santiago de Compostela a representar de forma excepcional “La Pasión”.
Con motivo do Ano mariano de 1982, Arume foi chamado polo Bispado de Pontevedra para unha montaxe sobre A Virxe, tamén colaboro no Musical “Juan Soñador”
Arume organiza ademais cursos de teatro impartidos polo presidente do grupo.
Desde o ano 1998 Arume organiza visitas dos Reis Magos ao Asilo de Anciáns, Cruz Vermella de Vigo, gardarías, Residencias de Anciáns e colabora na Cabalgata de Reis.
No 2003 fóronlle concedidos a Arume a Mención honorífica e a Medalla de ouro da Confraría de N. P. Xesús do Silencio Virxe da Amargura e Cristo da fe de Vigo e o Diploma de honra e Medalla de ouro ao mérito cultural da Federación de comercio de Pontevedra.
En 2009 Arume é galardoado co Premio “Amigos de Pontevedra” polos méritos contraídos para o prestixio e engrandecemento da cidade.