O traballo de reorganización pastoral da Diocese segue o seu curso. Nesta ocasión escoitouse a proposta dos presbíteros pertencentes á zona de Palas de Rei, no arciprestado da Ulloa. Seguindo as indicacións ofrecidas, para que haxa unhas formas pastorais axeitadas ao territorio e ás súas circunstancias, búscase que todos os fieis poidan participar na Eucaristía dominical e nunha vida de Igrexa con todas as súas dimensións esenciais. O pasado 1 de xullo entrou en vigor o decreto episcopal que distribúe as parroquias da zona en 5 unidades pastorais e establécense 5 centros interparroquiais:
- San Tirso de Palas (P. Juan Antonio Fraile Gómez e P. Alberto de Oliveira Silva),
- Santa María de San Breixo (José Tirso Villasante Pereiro),
- Santa María de Pidre (Jesús Antonio Pérez García),
- San Vicente da Ulloa (Manuel Vilariño Pereiro) e
- Santiago de Ligonde (José Gómez Vázquez).