O domingo 25 de febreiro, concluíu a Novena de Preparación á Coresma, na que se rezou polos devotos e confrades defuntos da Benaventurada Virxe María do Corpiño.
Ás 18:00 h, o Delegado Episcopal de Ensino e Catequese, o Rvdo. Manuel Areán Fernández, expuxo o relatorio-catequese María, Raíña da Paz, ao cal asistiu un gran número de devotos, do mesmo xeito que ao Camiño dos pastorciños que se viu
incrementado grazas ao bo tempo que acompañou o día.
Todos os venres de Coresma celébrase o Oficio do Vía Crucis ás 17:30 h.
Aínda que en febreiro non terán lugar máis xubileus, todos os domingos, se o tempo permíteo; realízase o Camiño dos pastorciños. O horario de saída do Santuario para realizalo é ás 11:00 h e ás 17:00 h.