Concluídas as obras de restauración do templo de Santa María do Castro (Cervantes), o sábado 4 de agosto tivo lugar unha celebración eucarística presidida polo señor Bispo da Diocese, Alfonso Carrasco Rouco.
Os traballos de recuperación do templo, iniciáronse no ano 2009. Nunha primeira fase cambiouse o chan, mellorouse o teito, adquiriuse mobiliario e acondicionouse a contorna.
A igrexa parroquial fora catalogada como contemporánea (s. XX) pero durante unhas intervencións arqueolóxicas descubríronse unhas pinturas murais nunha pequena xanela situada no testeiro, que facían pensar que esa cronoloxía podería ser errónea.
De feito, houbo a finais do século XIII un primeiro edificio sobre o que se construíu a igrexa actual. E desde entón foi modificándose con cinco construcións superpostas e consecutivas no tempo, que modificaron a estrutura inicial. Atendíase a varios factores, de orde relixiosa, social…