O xoves 12 de novembro na Capela do Bo Xesús da Catedral houbo un recital – concerto con motivo do recentemente clausurado V centenario do nacemento de Santa Teresa de Xesús. Paloma Gómez Borrero relatou aspectos da súa vida e a continuación tamén interviñeron un barítono e un pianista. O barítono Luis Santana e o pianista Antonio López Serrano, que basearon a súa actuación en varios textos poéticos da santa de Ávila.