O martes 21 no auditorio da Fundación Novacaixagalicia, en Lugo presentouse un novo número da revista de cultura e investigación Lucensia. Na portada vese unha foto da ponte romana de Lugo, pois a ela adícanse dous artigos. Un sobre a súa conservación titulado “A ponte de Lugo e a responsabilidade da Mitra episcopal: problemas derivados do seu arranxo”, de Adolfo de Abel. E o profesor de Física Miguel Leiva Torreiro detalla con precisión técnica o alcance das obras de remodelación concluída este ano.
O número 46 Lucensia ábrese cun artigo do teólogo David Varela Vázquez, que escribe sobre a relación entre fe, ciencia e teoloxía, descubrindo implicacións teolóxicas da Física moderna, segundo o profesor Manuel Carreira.
Mª Isabel Fernández García reflexiona sobre o papel da química na vida, facendo historia dos estudos académicos en Lugo e semblanza de lucenses eximios na materia.
Pola súa parte, o xornalista Manuel Cordido Castro resume a historia do fútbol lucense: cento cinco anos de práctica, organización e afección, nun relato cheo de datos e personaxes en moitos casos xa lexendarios. Evocadores tamén os nomes de tódolos pobos da Toponima do concello do Incio, que explica Nicandro Ares Vázquez.
E cérrrase a sección “Estudos” con poemas de Don Avelino Gómez Ledo, sacerdote chantadino e a presentación de nove pintores lucenses
Tamén inclúe a revista as seccións “Comentarios”, “Texto” e recensión de libros.
2 comentarios en “Publícase un novo número da revista Lucensia”