O xoves 17 de outubro ás 17 h, preséntase o proxecto solidario “Sen auga non hai vida”, na casa das Irmás Terciarias Franciscanas do Rabaño de María e Irmás Casa Fogar Madre Encarnación de Lugo (rúa Músico Falla, 16).
Solicitante: Miguel Ángel Fernández Vilariño, Sacerdote, Párroco de Conturiz e anexas, e membro do equipo de Pastoral Sanitaria do HULA
Obxectivo: adquisición dun motor eléctrico para un pozo en Kivingoni Village (Kenia) de xeito que as súas xentes poidan gozar de auga potable.
Beneficios que reportaría:
1.- Previr enfermidades intestinais contraídas por beber auga non potable
2.- Combater a desnutrición, xa que coa auga poderanse obter alimentos procedentes de rega das súas pequenas hortas.
3.- Evitar que os nenos falten á escola, xa que sobre eles recae a tarefa de traer a auga desde sitios que están a varios quilómetros, coa posibilidade de chegar á zona e non haber auga abondo.
4.- Abastecer de auga aos fogares deste pobo. Nos fogares é necesario para beber, cociñar, lavar as roupas e o aseo.
5.- Atrasar a desertización do pobo de Kivingoni, no que só chove unha vez cada catro anos.
Contía necesaria para levar a cabo o proxecto: 4.000 €