O proxecto Emprégate de promoción e apoio ao autoemprego xurdiu no ano 2012, dentro do Programa de Emprego de Cáritas Diocesana de Lugo.
O día 16 de marzo no marco do proxecto EMPRÉGATE II, organizou unha xornada sobre autoemprego, dirixida a desempregados con dificultades de incorporación ao mercado laboral como asalariados.
A xornada contou coa participación de Ana Mª López Suárez, técnica de AELU (Asociación Empresarias de Lugo), co seu relatorio Espertando o espírito emprendedor. Ademais á xornada acudiron catro emprendedores que contaron a súa experiencia persoal, da man de AELU estiveron CONFETTI, empresa adicada á produción artesanal de mermeladas, gornicións, repostería… e ALOUMIÑA, empresa dedicada á produción de cervexa artesanal. Tamén contaron a súa experiencia dous emprendedores que participaron na anterior convocatoria do proxecto de autoemprego EMPRÉGATE, ARRANXOS taller de costura e O ARREGLADOR, servizo de reparacións eléctricas, fontanería, carpintaría…