Programación da Irmandade Obreira de Acción Católica para o curso 2024-25

Ademais de retiros e vixilias propias, formación… a Irmandade Obreira de Acción Católica organiza ao longo do curso varias actividades que deu a coñecer o 19 de outubro para que participen nelas calquera persoa interesada, milite ou non no devandito movemento.

 

6 e 7 de decembro: Cursiño para profundizar na Palabra de Deus

Dentro do recorrido formativo, organízase este cursiño o día 6 pola mañá e pola tarde e o día 7 pola maña. Os obxectivos son:

  •  coñecer a comprensión que a Igrexa ten da Palabra de Deus -inspiración, revelación, formación da Biblia, interpretación- poder enfrentarse ao texto bíblico de maneira adulta e desde a fe da Igrexa,
  •  crecer nunha experiencia de fe e de vida alimentada na Palabra de Deus e
  •  ter recursos e ferramentas para o contacto cotiá coa Palabra de Deus desde a experiencia persoal e comunitaria.

 

21 de febreiro:  Presentación do libro Maneiras de Vivir

Existen xa experiencias doutra forma de vivir, evitando caer no consumismo extremo e na degradación da casa común. Non se trata dunha reflexión puramente intelectual sobre a paz e a harmonía, senón de ver onde están levándoo á vida e contribuíndo a unha transformación positiva do mundo.

 

7 de marzo:  Vixilia do Dia Internacional da Muller.

De cara a rezar xuntos para poñer no altar as grandes preocupacións de tantas mulleres que sofren dobremente a precariedade no mundo de hoxe. É unha mensaxe esperanzadora o feito de que a Igrexa considere que a precariedade ten rostro de muller, tema sobre o que cada vez hai máis sensibilidade.

 

26 de abril:  Café – tertulia

Para seguir profundizando na temática que propoña a Irmandade Obreira de Acción Católica a nivel nacional.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: