O mércores 15 de xullo e o mércores 22 de xullo de 10 a 12 h na parroquia San Francisco Xavier (Lugo) terá lugar o programa Envellecemento activo. Trátase de crecer persoalmente, facer fronte á soidade, vivindo experiencias de desenvolvemento da creatividade, de maxia, de autocoidado.
O traballo realizarase a través de procesos de encontros persoais e experienciais, con actividades en clave de psicoloxía positiva.
- Coaching personalizado
- Talleres de desenvolvemento de memoria afectiva e narración autobiográfica positiva
- Acompañamento no desenvolvemento da creatividade e a imaxinación a través da maxia
- Desenvolvemento de intelixencia interpersoal (a través do contacto con iguais e con outras xeracións).
- Autocoidado persoal e alimenticio.
Obxectivos
- Volver mirarse como alguén valioso, con capacidades, sendo quen de narrar a vida en clave positiva.
- Promover a activación cognitiva e biográfica a través de sesións personalizadas de coaching, grupos de axuda.
- Desenvolver a creatividade a través de talleres de maxia.
- Estimular o autocuidado a través de talleres de alimentación sa.
- Mellorar a intelixencia afectiva interpersoal mediante grupos de iguais.
Quen poden participar?
- Persoas maiores de 65 anos, preferentemente en situación de soidade (física ou emocional) residentes en Galicia.
- Mulleres maiores de 65 anos, sen cobertura familiar ou con pouco tecido de relacións sociais (viúvas, inmigrantes, retornadas, etc.) residentes en Galicia.
- Maiores atendidos en Cáritas, Cruz Vermella, centros de maiores privados ou públicos ou maiores en situación de vulnerabilidade especial residentes en Galicia.
Para máis información e inscribirse, chamar ao 988 37 46 46 de luns a venres: 9:00 – 13:30 e 16:30 – 20:00
Ou no correo electrónico: contacto@cafourense.es
Organizan o Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo, o Centro de Acompañamento Familiar Edith Stein e o Instituto da Familia de Ourense, en colaboración con Equipos de Nosa Señora de Galicia e a Parroquia San Francisco Xavier (Lugo).