O vindeiro sábado, día 2 de outubro terán lugar varios actos para ir ambientando o comezo do mes que a Igrexa adica en especial ás misións.
Na Parroquia de Lalín ás 11 h o director nacional de Obras Misionais Pontificias José María Calderón, impartirá o relatorio titulado “Como ser misioneiros nas nosas familias”.
No salón de actos do Seminario de Lugo ás 17 horas, intervirán nunha mesa redonda sobre a familia e a misión:
-
José María Calderón, director nacional de Obras Misionais Pontificias,
-
unha familia do Camiño neocatecumenal e
-
unha familia de Misevi (Misioneiros seglares vicencianos).
A continuación, ás 20 horas, celébrase a Eucaristía na Catedral, presidida por José María Calderón.
Son actos organizados conxuntamente pola Delegación de Misións e a Delegación de Laicos, familia e vida.