O día 19 ás 12h presentouse a credencial do Camiño Primitivo desde Lugo, cidade do Sacramento, a Santiago, cidade do Apóstolo.
A iniciativa propón aos peregrinos iniciar o Camiño Primitivo de Santiago na cidade de Lugo, xa que é a primeira na que se cumpren os 100 quilómetros a pé requiridos para obter a compostela.
Tamén se incide na personalidade e importancia de que Lugo sexa a cidade do Sacramento, coa Exposición Permanente da Sagrada Forma como centro da vida espiritual da cidade.
Ademais, a recadación íntegra da venda de credenciais será destinada a Cáritas de Lugo.
Asistentes ao acto de presentación da nova credencial:
-
Mario Vázquez, Deán da Catedral e Vigairo Xeral da Diocese.
-
Francisco Moreiras, Dtor. do Secretariado de Camiños de Santiago da Diocese.
-
Juan M. Pardo Valdés (Chencho Pardo), artista e autor da credencial.
-
Miguel Ángel Cabana, delegado de La Voz de Galicia en Lugo.
-
Luis Latorre Real, Pte. da Asociación de Empresarios Lugo Monumental.