O 2 de xuño tivo lugar a presentación do último concerto do III Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo. No acto interviñeron o director técnico Luis Varela Castiñeira, o director artístico Giulio Mercati e o director do grupo vocal Solo Voces, Fernando Gómez Jácome.
Este cuarto e último concerto será o venres 3 xuño na Catedral ás 20:45 h baixo o título “Tantum Ergo Sacramentum” coas actuacións do Coro Solo Voces (Lugo) e o organista Juan de la Rubia (Barcelona).
No acto de presentación destacouse que o concerto é unha mostra da vocación do Festival de contribuír á divulgación do amplo e valioso patrimonio musical que alberga o arquivo catedralicio, aínda pouco coñecido. O inicio do concerto será co Preludio e fuga en La menor BMW 543 de J. S. Bach seguido de 9 obras para coro e órgano de carácter eucarístico que compuxeron tres mestres de capela da Catedral de Lugo Francisco Tapies Torres, Juan Antonio Moreno Fuentes e Vicente García Julbe.
Tamén se presentou o I Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi