O venres 13 ás 18:30 h. na Aula Magna do Seminario de Lugo preséntase o nº 51 de Lvcensia. Durante o acto Manuel Rodríguez Sánchez falará das reliquias da igrexa de Hospital de Quiroga.
Lvcensia segue coa temática ordinaria, sempre variada. Así, sobre os científi-cos lucenses do séc. XVIII escribe Isabel Fernández García. E sobre fauna cinexética tratan José Fernández-Pajares, Javier Gorgoso e Guillermo Riesco.
Un segundo apartado adícase a personaxes históricos: Ventura Cañizares del Rey, o político e académico galego Juan Armada Losada e o misioneiro lucense Nicolás Manuel Torres Soengas (que é dado a coñecer por Eligio Rivas Quintas).
Nun apartado máis heteroxéneo pero relativo a temas históricos e culturais inclúese a edición crítica dos “Decretos de Lugo de 1204”, de Alfonso Sánchez Mairena. Con motivo da beatificación de sor Patrocinio, publícase un artigo de Vicente Piñeiro González cunha selección poética. A semántica e a toponimia van da man de X. Miguel Costa Rico no tratamento dalgúns hidrónimos prelatinos. Julio Reboredo rememora acontecementos locais levados a cabo no Teatro-Circo (1905). Aurelia Balseiro García fala da homenaxe que o Museo Provincial de Lugo tributou ás persoas e entidades que o fixeron posible.