O 15 de marzo na libraría La Voz de la Verdad presentouse a obra O Camiño da Cruz, de José Antonio González García e Manuel Regueiro Tenreiro.
Segundo Manuel Regueiro, a obra naceu como consecuencia de andar investigando sobre Xosé Filgueira Valverde e a tradución que tamén fixera Pemán do poema de Paul Claudel “Chemin de la Croix”. Curiosamente coincidían Filgueira e Pemán en ser autores que algúns querían enviar ao inferno literario. O que sentiron Manuel Regueiro e José Antonio González ante as traducións foi admiración.
Ademais dos textos literarios, hai outros que teñen como finalidade que o lector se considere un espectador do que pasou hai 2000 anos e que se vexa acompañando a Xesús na súa Paixón. Para José Antonio González foi doado lograr isto, grazas aos seus coñecementos históricos e biblicos.
E unha última parte do libro é unha proposta para celebrar un Via Crucis, con menos formulismos e máis vida.