O xoves 12 de abril ás 20h no Salón de Actos do IES Lucus Agusti de Lugo preséntase o libro Gracias hijo: un mundo mejor es posible de Inmaculada Vázquez. A autora conta as vivencias da súa vida e do seu fillo Gerald, neno de orixe filipino adoptado en 2010. A súa nai incúlcalle valores de xustiza social, paz, solidariedade.
Acompaña ao libro un CD con obras musicais de agrupacións nas que toca Gerald:
-
4 cancións do coro infantil do Conservatorio de Música de Lugo
-
unha obra interpretada pola Banda infantil do mesmo Conservatorio
-
unha composición musical (Lvcvs) de Manuel María Veiga interpretada pola Banda Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei
-
nana do grupo Tango en Xaneiro
-
dous temas musicais interpretados por Gerald a clarinete e a piano.
Estes dous últimos temas poderán escoitarse en directo no acto de presentación do libro, que contará tamén coas seguintes intervencións:
-
Xosé Luís Vázquez Somoza, prologuista do libro
-
Luís Manuel Rodríguez Pérez, vicario de coordinación pastoral da Diocese
-
Mago David
-
Inmaculada Vázquez, autora
Este novo traballo vén da necesidade de Gerald e a súa nai de poder seguir colaborando cos centros de axuda á infancia en Filipinas, pois do primeiro libro Gracias hijo: Diario de una adopción esgotáronse as súas dúas edicións.
O libro pode adquirirse (15 €) nas librarías La Voz de la Verdad, Biblos e Alecrín en Lugo e Libraría Bande en Pobra de San Xulián.
Ao evento está invitado o Presidente de Mensajeros de la Paz, o Padre Angel, que desde a segunda edición do primeiro libro colabora coa escritora. Esta presentación faise no marco da celebración do 175 aniversario do Instituto Lucus Augusti.
No programa “El Espejo” pode escoitarse unha entrevista a Inmaculada Vázquez (a partir do minuto 7:45)