A Aula Magna do Seminario Diocesano acolleu a presentación do libro Don Nicandro Ares. Bo e sabio o día 11 de novembro.
O libro ten como xerme a achega de Enrique Montenegro Rúa e Felipe Arias Vilas no referente á bibliografía de Nicandro e a Santa Eulalia de Bóveda.
O título Nicandro Ares. Bo e sabio recolle o seu quefacer intelectual e súa bondade, sen a cal o quefacer intelectual vale pouco. Co título quíxose subliñar que a realización persoal ten que acompañar á realización intelectual e iso é o que se fixo realidade en Nicandro.
A obra ten 4 partes:
Nunha primeira parte Mons. Alfonso Carrasco e Xesús Alonso Montero encárganse da presentación e introdución.
2ª parte: estudos que dan conta do fondo traballo intelectual e da riqueza humana de Nicandro.
3ª parte: testemuños de persoas que trataron a Nicandro e que deixan constancia de como era a súa personalidade e o seu quefacer
Na 4ª parte Enrique Montenegro mostra a produción bibliográfica de Nicandro Ares.
Tamén se inclúe documentación fotográfica que recolle a vida do homenaxeado.