O libro dos 50 anos de Caritas Diocesana de Lugo, escrito por José de Cora, será presentado o 15 de marzo ás oito da tarde no salón de actos da Diputación de Lugo.
E o 15 de marzo ás 20h na libraría La Voz de la Verdad preséntase o libro O Camiño da Cruz. Trátase dunha publicación do Instituto Teolóxico Compostelán obra de José Antonio González e Manuel Regueiro.
Esta publicación
– informa de parte da rica literatura sobre o Viacrucis, concretamente a tradución que fixera Filgueira Valverde dunha peza literaria de Paul Claudel “Le Chemin de la Croix”
– forma sobre o contido bíblico, teolóxico… do Viacrucis
– dá ideas para a práctica desta celebración litúrxica