O martes 26 de marzo de 2019 tivo lugar a Reunión Ordinaria da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, na que se tratou o seguinte:
– Pregón e pregoeiro da Semana Santa 2019
Terá lugar o día 10 de abril, mércores, ás 8 da tarde no Salón Rexio do Círculo das Artes. Correrá a cargo de FEDERICO FERNÁNDEZ DE BUJÁN FERNÁNDEZ, lucense, doutor en dereito romano e membro da Real Academia de Doutores de España. Neste acto intervirá o Orfeón Lucense.
- Actos Culturais
IV Concerto de Música Sacra a cargo da BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO, o día 6 de abril, sábado, as 6 da tarde na Catedral de Lugo.
V Concerto Coral de Semana Santa polo ORFEÓN XAN MONTES, e do CORO DE NENOS DA PARROQUIA DE SANTIAGO A NOVA. Será o martes, 9 de abril, as 8.30 horas da tarde na Igrexa de Santiago a Nova.
– Procesións e demáis actos
Mantéñense os percorridos destes últimos anos.- Destacar que por segundo ano consecutivo na tarde do Martes Santo terá lugar a cerimonia do Encontro de María co seu Fillo camiño do Calvario, durante a Procesión do Bo Xesús e Nazareno. Será a Virxe das Dores a que sairá ao paso do seu Fillo, escenificada no preciso momento no que o Nazareno chegue á altura do Convento dos PP. Franciscanos, na Praza Maior.
A principal novidade estará no Vía Crucis, o venres día 12 de abril. Desenvolverase integramente na Catedral Lucense, desde a Praza Pío XII ao Claustro, e serán escenificados momentos da Paixón de Cristo.
– Cartel e programa
O cartel estará a cargo de Eduardo Ochoa. Tamén se está a traballar estes días en ultimar o programa de Semana Santa. Estará reflectido todo nun libriño que sufrirá variacións respecto aos anos pasados para facelo máis cómodo e útil. Este programa será repartido polas axencias de turismo de toda España. Despois da confirmación por parte do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo do recoñecemento da Semana Santa de Lugo como Festa de Interese Turístico Galego, a Xunta de Confrarías comeza cos traballos que levarán a conseguir este recoñecemento a nivel nacional.