O mércores 6 de abril no Círculo das Artes de Lugo ás 8 da tarde terá lugar o Pregón de Semana Santa a cargo do Irmán Maior da Confraría do Desencravo, Ramón Basanta. No ano 2020, cando a Confraría da Borriquiña celebraba o seu 75 aniversario, estaba previsto que o pregoeiro fose Ramón Basanta, ao procesionar na súa infancia como soldado romano. Por respecto a esa confraría, pronunciará o pregón preparado para aquela ocasión. Ademais de ser o Irmán Maior da súa Confraría, Ramón Basanta é o Coordinador da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, membro da Orde Franciscana Segrar e do Centro Eucarístico Lucense.
A parte musical do pregón correrá a cargo do Orfeón Lucense, co seguinte programa:
1. Christus Factus Est M. Villanueva
2. Cristo al morir tendea Fra Marc’Antoni da San Germano
3. Jesus Bleibet Meine Freude J. S. Bach
4. Ave Verum Corpus W. A. Mozart
5. Adoramus Te, Christe Theodore Dubois
Organista: Rvdo. D. Luis Varela Castiñeira
Director: D. Marcos Manuel Fernández Mosquera