Este ano, o Pregón da Caridade deuno o Ministro Fomento, José Blanco, que, no Círculo das Artes de Lugo, pronunciou unha conferencia: “O valor de compartir”.
José Blanco comezou referíndose a Antonio Gandoy, cura lucense próximo á realidade das xentes máis humildes. E algo que sempre lembra é unha frase de san Agostiño que o sacerdote lle deu a coñecer: “Reza como se todo dependese de Deus, traballa como se todo dependese de ti”.
O ministro recoñeceu que así como durante decenios o futuro foi esperanza, agora vívese nunha gran incerteza de cara ao futuro. O progreso non garante o benestar económico de todos. E o que se necesita para que haxa futuro é solidariedade, compromiso e valores.
A solidariedade é reivindicada permanentemente por Cáritas, que leva a cabo un compromiso interpersoal, feito de acompañamento a rostros concretos e procurando a dignidade. O compromiso co outro e coa sociedade é unha elección vital.
Os valores deben reforzarse para lograr que no centro da economía se poña ás persoas. Grazas ao Evanxeo poden vivirse valores que a sociedade necesita.
José Blanco lembrou un dos puntos da Doutrina Social da Igrexa relativo a como a caridade desprégase na comunidade social e política e intervén sobre esta.
FRASES:
“Non cansarei de dicir que son cristián”.
“Cando se trata do tema da crise, non hai que falar tanto dos bancos, como dos que teñen que durmir neles”.
“Unidos, podemos facer máis polos que teñen menos”.