Este ano son dous días, o primeiro o venres 28 en Chantada e seguinte día, o sábado 29 é a peregrinación.
O horario de todo o programado é o seguinte:
Venres 28 pola tarde
-
Ás 7: acollida no pavillón de Chantada.
-
De 7 a 8: distribución por grupos.
-
Ás 9: cea.
-
Ás 10: musical Todo va a cambiar
-
Ás 11:30: entra o Santísimo e oración.
Sábado 29
-
Ás 10 e cuarto, exposición do tema: O sentido da túa vida e unha hora máis tarde, reunión por grupos.
-
Ás 12 será a saída en autobús para a explanada na que, media hora despois, comezará a peregrinación ao Faro.
-
Ás 2 chégase ao Faro e saúdase á Virxe.
-
Pola tarde, trala comida, ás 3 e media empeza a velada e acto seguido concerto, testemuño, confesións.
-
Ás 5 e media, tempo libre e prepárase a Misa, que será ás 6.
-
E o final está previsto para as 7 e media.