Baixo o título “Peregrinación a Terra Santa, a viaxe que che fai pensar”, as parroquias Santa Mariña de Chantada e A Estación de Monforte de Lemos organizan do 10 ao 17 de setembro unha peregrinación a Israel. O guía espiritual será o franciscano Francisco Castro Miramontes e o programa o seguinte:
-
10 de setembro. Saída de Monforte, Chantada e Lugo
-
11 de setembro: Tel Aviv – Monte Carmelo – Caná – Nazaret – Tiberiades
-
12 de setembro: Tiberiades – Tabgha – Cafarnaum – Monte Tabor
-
13 de setembro: Tiberiades – Río Xordán – Mar Morto
-
14 de setembro: Xerusalén
-
15 de setembro: Belén
-
16 de setembro: Xerusalén
-
17 de setembro: Regreso a Galicia