A Parroquia San Francisco Xavier de Lugo propón facer o Camiño de Santiago en familia. Trátase de peregrinar a Compostela polo Camiño Primitivo en distintos sábados dos meses de abril, maio e xuño.
Faise coa idea de ter unha experiencia de fe, coñecer máis ao Apóstolo e a Xesús; cultivar os lazos familiares e a calor nunha verdadeira viaxe en familia; tempo de calidade para os fillos nun acompañamento profundo onde poder coñecerse mellor; lazos de amizade con outras familias; descubrir o patrimonio cultural; experimentar os valores de entrega, esforzo, axuda aos demais, compartir.
As etapas son as seguintes:
-
Lugo – O Burgo, 1 de abril
-
Retorta – Augas Santas, 6 de maio
-
Melide – Ribadiso, 20 de maio
-
Monte do Gozo – Santiago de Compostela, 10 de xuño