O VI domingo de Pascua, o 10 de maio celébrase baixo o lema “Outra mirada é posible cun corazón novo” a Pascua do Enfermo.
A retransmisión da Eucaristía dos domingos na TVG nesta ocasión faise desde a Catedral de Lugo. Ás 10 da mañá presidirá a Santa Misa o señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.
No Santuario do Corpiño todos os enfermos, persoas maiores, os que vaian someterse a unha operación… poderán recibir o Sacramento da Unción dos enfermos. Será o domingo día 10 de maio ás 12 da mañá.