O VI Domingo de Pascua a Igrexa española celebra a Pascua do enfermo. Ese día -26 de maio- é o final dun itinerario que se iniciou o 11 de febreiro, Xornada Mundial do Enfermo.
A Igrexa española achégase no seo das súas comunidades parroquiais, ao mundo dos enfermos, as súas familias e os profesionais sanitarios. E mostra o rostro de Cristo curando e acompañando.
O tema desta Campaña é «O voluntariado na Pastoral da Saúde». Todos temos necesidade de ser coidados, acompañados e poder compartir as nosas dores e soidades.
«Gratis recibistes, dade gratis», é o lema deste ano.
Con esta Campaña preténdese recoñecer o valor da gratuidade na entrega ao coidado dos enfermos, como recoñecemento do recibido. Cómpre facer unha reflexión na importancia do voluntariado e a necesidade de animar a máis persoas nesta dirección.