75 anos da igrexa da Milagrosa

A Parroquia lucense da Milagrosa celebra os 75 anos da igrexa e os 60 anos de vida da Parroquia cos seguintes actos:

  • Día 26 de novembro ás 18 h na igrexa, presentación do traballo “O soño de José Fernández Núñez”.
  • Día 27 de novembro ás 18:30 h Misa solemne presidida polo Bispo da Diocese.

O 23 de febreiro de 1946 iniciábanse as obras do templo e o 31 de outubro de 1961 o Bispo Don Antonio Ona de Echave decretaba a creación da Parroquia da Milagrosa.

As parroquias de Castroverde homenaxean a Manuel Varela Gorgoso

O sábado 2 de outubro de 2021 as parroquias de Castroverde nas que Manuel Varela Gorgoso estivo a servir, renden homenaxe a este sacerdote a quen os veciños senten xa como un máis. Tras o comezo do seu merecido descanso a un labor de tantos anos e pospóndose o evento por culpa da pandemia, os fregueses querían despedir a don Manuel dunha forma festiva e que recoñecese o seu labor.

O actual párroco, Nicolás Susena, explica en consistirá o primeiro acto: “Nun primeiro momento, ás 11:15 h na igrexa de Santiago de Castroverde, don Manuel descubrirá unha placa que lembrará o seu paso por estas parroquias. Algunhas persoas agradecerán entón o seu labor social, pastoral, cultural e educativa, así como a promoción do Camiño de Santiago e do Concello de Castroverde”.

Tras este primeiro instante darase paso á celebración da Misa, que terá lugar ás 12 horas no patio cuberto do Colexio de Castroverde. Será presidida por Nicolás Susena, como delegado do Bispo de Lugo, e contará coa presenza de varios sacerdotes da zona, o orfeón Xoán Montes e de todos aqueles fregueses e amigos de don Manuel que queiran sumarse.

Segundo Nicolás Susena, “levamos tempo preparando este momento con moita ilusión e desexo por parte de todos os fregueses, que se implicaron de moitas formas para que esta homenaxe puidese ser levado adiante. Don Manuel merecese este xesto, sinxelo á vez que profundo, de cantos camiñaron con el ao longo de todos estes anos”.

Para asistir a todos estes actos non fai falta estar inscritos de forma previa.

Un adeus marcado pola pandemia

O 29 de febreiro de 2020 don Manuel Varela celebraba a última Misa como párroco da Unidade Pastoral de Castroverde. Ao día seguinte foi presentado o sacerdote, Nicolás Susena. Pero uns días a instauración de medidas restritivas impediron que o homenaxe puidese celebrarse o 17 de maio do pasado ano, data proposta inicialmente. Así, este sábado será a homenaxe en Castroverde a un sacerdote que promocionou a igrexa de Vilabade, promoveu a cultura e a música galegas, e que coidou dos veciños coa entrega durante 55 anos.

Ciclo de concertos “Ó son de Santa María” en Vilabade (Castroverde)

A Unidade Pastoral de Castroverde e o Concello organizan este mes de xullo un ciclo de concertos na igrexa de Vilabade. O vindeiro concerto será o día 16 de xullo ás 20 h e actuarán

  • Giulio Mercati, organista

  • Solo Voces

co seguinte programa:

Anónimo, s. XIV: Mariam matrem

Giovanni Pierluigi da Palestrina Sicut cervus

Johann Sebastian Bach Preludio e fuga in la minore, BWV 543

John Rutter Open thou mine eyes

Vicente Garcia Julbe: Genitori

Johann Sebastian Bach An Wasserflüssen Babylon, BWV 653

Johann Ludwig Krebs Wie schön leuchtet der Morgenstern

Tomas Luis de Victoria Popule meus

Jacob Handl Ecce quomodo moritur justus

Camille Saint-Saëns Ave verum

Louis Vierne Carillon de Westminster, op. 54 n. 6

James J. Moore, Jr. An irish blessing

Tomas Luis de Victoria O quam gloriosum

Wolfgang Amadeus Mozart Ave verum corpus

Felix Mendelssohn Verleih uns Frieden gnädiglich

Johannes Brahms Geistliches Lied, Op. 30

Festa de San Lázaro no barrio da Ponte, Lugo

O 21 de marzo de 2021, un domingo previo ao Domingo de Ramos, celébrase a Festa de San Lázaro no barrio da Ponte, Lugo.

Este ano, por mor das novas medidas sanitarias publicadas no DOG Núm. 52-Bis do 17 de marzo de 2021, a cabida para as celebracións de culto non poderá superar o 50%. Na igrexa de San Lázaro a cabida é de 65 persoas.

Para reducir a afluencia de persoas celebrarase a Eucaristía ás 8:00, 9:00, 10:00 11:00, 12:00 e 13:00 h. Esta última será transmitida en directo por YouTube.

Desde a parroquia chámase á prudencia para evitar contaxios, e aos que vaian lémbraselles respectar as medidas de seguridade: máscara, distancia, xel e cabida.

Pídese a San Lázaro a súa intercesión, lembrando a xaculatoria “Oh San Lázaro glorioso, de Deus alcanzade graza para salvarnos e para o corpo sanidade. Amén”

A comunidade parroquial espera aos devotos do santo o domingo cunhas roscas.

Novena da Graza en San Francisco Xavier

Do 4 ao 12 de marzo a Parroquia de San Francisco Xavier (Lugo) acolle a Novena da Graza. Debido á actual situación sanitaria, non se celebrarán o Rosario da Aurora nin a procesión de fachos.

De luns a sábado celébrase Eucaristía e Novena ás 12 da mañá e ás 7 da tarde; o domingo o horario é o seguinte: 10 h, 11:30 h, 12:30 h e 19 h.

A %d blogueros les gusta esto: