Desde o último sábado de outubro ás 11 horas, na Parroquia de A MILAGROSA vén celebrándose un curso de música do grupo xuvenil diocesano, GALPÓN. Entre outras cousas, hai oración, formación, café, talleres musicais.
Parroquias
Novena a San Froilán
O martes 27 comeza na parroquia lucense de San Froilán a novena adicada ao patrón de Lugo. Será ás 19.3o horas, con vésperas, Eucaristía e rosario.
Testemuño sobre a JMJ na parroquia de San Froilán
Os mozos Samuel e Ruth e o sacerdote Miguel Álvarez, que participaron na Xornada Mundial da Mocidade, en Madrid, falarán das súas experiencias neste evento. Será o venres, día 9 de setembro no salón grande da parroquia de San Froilán de Lugo.
Colocación dunha cruz na igrexa de San Francisco Xavier
Tras unha viaxe a Roma dos fregueses da parroquia de San Francisco Javier, celebrando os cincuenta anos de existencia, agora procedeuse a colocar unha cruz. En realidade, era algo que xa estaba planificado desde había tempo e coincide a execución da obra co cincuentenario. A cruz colocouse no máis alto dos picos deste templo lucense. É unha cruz de dous metros de alto, con pedra e forxa, como na porta de entrada. De feito, o autor é o mesmo.
Festa relixiosa en honor á Virxe do Corpiño
Desde o día 15 celébrase ás 6 da tarde a Novena e procesión. Encárgase da Novena Francisco Moreiras Calvo.
Os día 23 e 24 haberá misas desde as nove da mañá e desde as cinco da tarde. Ás 11 é a Misa dos Enfermos. Eses dous días 23 e 24 tamén haberá procesión despois da Misa solemne das 12, presididas por José Donsión (o 23) e Ms. Alfonso Carrasco (o 24).
Durante este mes e xuño foron chegando numerosos peregrinos, nalgúns casos andando. É o caso de dúas peregrinas que foron camiñando, en 4 etapas, desde Santiago de Compostela. Como se pode ver na páxina web http://www.santuario-corpino.es/noticias.html