Os fregueses de Adai relanzan unha romaría en honra á Virxe da Saúde

O día 22 na parroquia Santa María Magdalena de Adai recupérase unha romaría que se pretende  sexa tamén con peregrinación. Ese día haberá misas cada hora desde as 10 da mañá.

A historia remóntase 65 anos atrás, cando unha familia doou a imaxe da Nosa Señora da Saúde, que agora está nun dos laterais da igrexa e que leva a inscrición: «Regalo de Elías Simón y esposa». Moitos lucenses ían en peregrinación facendo os escasos 5 quilómetros que hai até a parroquia. Hoxe en día tamén son numerosas as persoas que chegan até a zona e ás que se ofrece un motivo máis para aproximarse ao lugar. Sobre todo, o penúltimo fin de semana de setembro.

Mercado solidario na Milagrosa

mercado solidario Milagrosa obxecto

A comunidade cristiá parroquial da Milagrosa organiza, por iniciativa dun grupo de persoas voluntarias, un mercado benéfico do 29 de agosto ao 8 de setembro no salón parroquial de 11 a 13 horas e de 17:30 a 20:15. O obxectivo principal desta actividade é recadar fondos para axudar a persoas con poucos recursos que viven no barrio.

A solemnidade da Virxe da Milagrosa é o día 1 de setembro, celebrándose unha Eucaristía ás 12h seguida de procesión.

Día dos avós na parroquia de San Clodio

20130727-235930.jpg
O venres, 26 de xulo, día de San Xoaquín e Santa Ana, celebramos a 6ª edición do Día dos Avós. Os actos comenzaron as 8 da tarde, coa celebración dunha misa de acción de gracias polos avós presidida polo Vicario Xeral Don Mario Vázquez Carballo. Ao final da Eucaristía Don Mario entregou os agasallos, este ano co lema: “Avós, custodios da Fe”. A continuación tivo lugar o brindis por todos os avós con música e baile.

Nomeamentos para parroquias

D. Miguel Angel Fernández Vilariño foi nomeado administrador parroquial de San Mamede dos Ánxeles e de San Andrés de Castro, Conturiz.

D. José Río Ramilo é o novo administrador parroquial de San Clodio de Aguiar, San Salvador de Mosteiro, San Pedro Fiz de Paz, San Esteban de Benade e Santa María de Muxa.

D. Adolfo Roque Obama Angono: vicario parroquial de San Antonio de Padua, Lugo

A %d blogueros les gusta esto: