Últimas prazas na peregrinación a Barcelona, Torreciudad e Zaragoza

SagradaFamiliaOk

En Barcelona coñecerase a obra de Gaudí, por ex. a Sagrada Familia. Tamén se verá o barrio gótico, a Vila olímpica, a abadía de Montserrat e un día haberá un traslado a Torreciudad (Huesca). Volverase a Barcelona para ir ao Parc Güell, A Pedrera, as cavas de Sant Sadumi D’anoia. No camiño de volta a Lugo, párase en Zaragoza para ir á basílica do Pilar e ver o centro da cidade.

Trátase dunha peregrinación sobre a familia que organiza a parroquia de Santiago A Nova (Lugo) entre os días 30 de abril e 4 de maio. Calquera persoa interesada só ten que dirixirse á parroquia. O prezo é de 350 euros, 413 en habitación individual.

Celebración do Corpiño de inverno

corpino_2

No santuario de Nosa Señora do Corpiño, na parroquia de Losón (Lalín), iniciouse o luns 17 a novena, que foi todos os días ás 18.00 horas e contou como predicador co párroco de Silleda, José Pérez Barreiro. O día grande, 25 de marzo, as eucaristías comezaron ás 9.00 horas, e a misa solemne foi ás 12.00, seguida de procesión. Houbo varios confesores para atender a quen desexaban recibir o Sacramento da reconciliación.

Novena da Graza en San Francisco Xavier

Copia de Novena da Graza

Horarios da novena

Mañá: 7:30 Rosario e procesión

            8:00 e 12:00 Novena e eucaristía

Tarde: 18:00 Rosario

             18:30 e 20:00 Novena e eucaristía

Domingo: 10:00, 11:30, 12:30 e 18:30

Actos especiais

  • Día 5: Mércores de Cinza, imposición da cinza nas eucaristías.

  • Día 6: Unción de enfermos ás 16;30 h.

  • Día 8: Dedicado á Virxe, procesión de fachos despois da eucaristía das 20 h.

  • Día 9: Procesión desde o Barrio de Montirón ás 9:30 h.

  • Día 11: Celebración comunitaria do perdón ás 19:00 h.

  • Día 12: Veneración da reliquia do Santo nas eucaristías

Haberá confesións en todos os actos. A Novena retransmitirase por COPE Lugo.

2 de marzo: Día de Hispanoamérica

O lema escollido para a Xornada, “A alegría de ser misioneiro”, evoca a resposta gozosa á vocación que durante séculos levou a miles de misioneiros españois a deixar a súa terra para evanxelizar América. Este ano hai varias coincidencias: está no Vaticano un Papa de Hispanoamérica, Francisco, que na exhortación Evangelii Gaudium chama, como se di no lema, a compartir a alegría de Xesús. Este Día é unha oportunidade para que os católicos actualicen a súa responsabilidade misioneira e a súa confianza en Deus.

Na parroquia de San Francisco Xavier invítase a todas as persoas de Hispanoamérica a participar o 2 de marzo na celebración eucarística de 12:30 h. A continuación haberá unha exposición de cultura latinoamericana.

Novena en honra da Virxe de Lourdes

Novena Lourdes JPEG

Na igrexa lucense de San Froilán hai unha novena organizada pola Hospitalidade Diocesana de Lourdes. É do luns día 3 ao martes día 11 de febreiro, ás 19:30 .

Os sacerdotes predicadores son:

– Día 3: David Varela Vázquez;

– Día 4: Miguel Asorey Otero;

– Día 5: Manuel Otero Méndez;

– Día 6: Jesús Santiago Vázquez;

– Día 7: Manuel Rodríguez Sánchez;

– Día 8: José Otero Seijas;

– Día 9: Mario Vázquez Carballo;

– Día 10: José L González Regueiro

– Día 11: Miguel Álvarez Pérez.

A %d blogueros les gusta esto: