Cadea de oración pola Vida Consagrada en Santiago A Nova

Cadea oración Vida Consagrada A Nova 1

A celebración tivo lugar o día 25 de novembro de 2015 na igrexa de Santiago A Nova, Lugo. Tras unhas palabras de presentación do párroco, Luciano Armas, houbo Exposición do Santísimo. Logo foi a intervención de representantes de distintos carismas que están no territorio parroquial:

  • Irmáns Maristas

  • Servas de Xesús da Caridade

  • PP. Franciscanos

Finalmente, celebrouse a Eucaristía.

Actuacións de corais a prol de Cáritas parroquial

Copia de concertos solidarios

As corais do Concello de Lugo dan concertos gratuítos nas parroquias da cidade e unicamente se pide que os asistentes deixen un Kg. ou un paquete de alimentos non perecedeiros, que a propia Parroquia repartirá entre os mais necesitados.

Os concertos son os seguintes:

22 de novembro, igrexa de S. Pedro, 12,30 h. Orfeón Lucense, (Misa) e Solo Voces, (Concerto)

28 de novembro, igrexa da Milagrosa, 19,30 h. Coral Xolda, (Misa) e Orfeón Xoán Montes, (Concerto)

29 de novembro, igrexa do Sagrado Corazón, 12 h. Coral do Hospital, (Misa) e Coral Amigos do Camiño, (Concerto)

5 de decembro, igrexa de S. Antonio de Padua, 19 h. Coro San Antonio, (Misa) e Coral Ecos do Miño Astelu, (Concerto)

6 de decembro, igrexa de S. Francisco Xavier, 12,30 h. Coral Amigos do Camiño (Misa) e Orfeón Lucense (Concerto)

12 de decembro, igrexa de S. Froilán, 20,30 h. Coral Ecos do Miño Astelu (Misa) e Orfeón Xoán Montes (Concerto)

13 de decembro, igrexa de S. Lourenzo de Albeiros, 12,45 h. Coral Cantar Delas (Misa) e Conxunto Vocal Lugh, (Concerto)

19 de Decembro, igrexa de Santiago A Nova-Fontiñas, 18,30 h. Schola Gregoriana Lucensis, (Misa) e Coro de S. Antonio (Concerto)

Inicio da Novena da Milagrosa e do triduo a Cristo Rei

Na parroquia da Milagrosa (Lugo) comeza o día 19 a Novena en honra da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa. A misa ofreceráse por tódolos defuntos da parroquia. O horarioco é o seguinte:

  • Rezo do Santo Rosario ás 19h.
  • Eucaristía ás 19:30h.
  • Exposición do Santísimo despois da Misa.
  • Confesións de 19 a 19:30 h.

Do 19 ao 27 de novembro na igrexa parroquial de S. Froilán hai os seguintes cultos: 19:15 Santo Rosario e exercicio piadoso da Novena e ás 19:30 é a celebración eucarística. A proclamación da divina Palabra está a cargo de Miguel Ángel Álvarez, párroco de San Froilán. O día 27, Festa da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa, hai Misa solemne ás 11 da mañá.

Do 19 ao 21 de novembro, o Apostolado da Oración organiza na parroquia de Santiago A Nova un triduo preparatorio da solemnidade de Cristo Rei. Os actos terán lugar ás 19:30h comezando co rezo do Rosario, Triduo e celebración da Eucaristía. Presiden Luciano Armas e Luis Varela.

Oferta formativa en parroquias da capital lucense

Desde a primeira semana deste mes está a disposición de toda a comunidade de San Antonio de Padua, Lugo, a Biblioteca Parroquial. Está composta por dous tipos de fondos: infantil (ou de catequese) e de adultos.

Terá o seguinte horario: xoves e venres de 17:30h a 19:30h; sábados e domingos, de 11:30h a 13h. e os fondos están catalogados aquí.

Encontros sobre a Laudato si na parroquia Santiago A Nova.

Na última semana de novembro inícianse os encontros semanais sobre a Encíclica do papa Francisco Laudato si‘. En principio o horario será o seguinte:

As Fontiñas: mércores, día 25, ás 19.00 hs.

Santiago A Nova: xoves, día 26, ás 19.00 hs.

 

Festival benéfico no Colexio Divina Pastora de Lugo

Festival da Esperanza chio

Na parroquia da Milagrosa terá lugar o venres 13 de novembro ás 20 horas o III Festival da Esperanza, no Salón de Actos do Colexio Divina Pastora (Salesianos). Organízao un grupo de mozos que a través da música queren facer algo polos demais, porque están convencidos que é posible construír un sociedade máis solidaria e xusta.

Con este acto colabórase con Cáritas parroquial da Milagrosa e co comedor salesiano, aportando fondos ao programa de “becas” de comedor e á atención das necesidades de familias do barrio. Para iso pídese un donativo de 3 € aos maiores de 16 anos. Os menores poden elixir entre doar 1€ ou colaborar con 1 Kg. de alimentos.

O Festival é tamén a ocasión para anunciar o proxecto Apadriñar unha familia, no que se buscan familias, entidades ou particulares que poidan e desexen apadriñar, no máis amplo sentido do termo, a outras familias e particulares que se atopan en situacións precarias.

A %d blogueros les gusta esto: