Peregrinacións parroquiais a Andalucía

andaluc

Cincuenta e tres persoas, entre fregueses da Parroquia de San Froilán e amigos, do 13 ao 17 de maio convivirán e coñecerán lugares novos e importantes da historia. Estarán en Sevilla e Huelva, con paradas en Guadalupe e Salamanca. Visitarán a casa das Irmás da Cruz en Sevilla, e haberá momentos de especial recordo a Santa Ángela da Cruz e Santa María de la Purísima. Coa esperanza de que todo isto tamén axude a atoparse con Deus e a ter uns días de asueto. O domingo, día de Pentecostés, celebrarase a Eucaristía no mosteiro franciscano de La Rábida, en Palos de la Frontera, onde Cristóbal Colón preparouse para a súa longa viaxe en busca das Indias.

A Parroquia de A Nova organiza unha viaxe -“El embrujo del sur”- no que 44 persoas partiron na mañanciña do 12 de maio cara a Córdoba con parada en Aranjuez para visitar esta localidade. A partir do día 14 fanse visitas aos seguintes lugares: Medina Azahara (día 14), Granada (día 14), Toledo (días 16 e 17 de maio).

Mercado solidario do grupo de maiores de Santiago A Nova

historia_5

O grupo de persoas maiores da Parroquia de Santiago A Nova (Lugo) abre o 7 de maio o Mercado solidario de manualidades e produtos ecolóxicos. A recadación irá destinada aos pobres. Neste 2016 celébrase o Ano da Misericordia que invita á compaixón e á solidariedade cos nosos irmáns desprotexidos. O grupo de maiores da Nova aproveita esta ocasión para facer chegar a súa gratitude a cantas persoas veñen apoiando este fin solidario. Ademais invítase a colaborar na medida das posibilidades de cada un á entrega de artigos, donativos e compras para a próxima exposición e venda, que estará situada na sancristía da parroquia, a carón de Correos na rúa San Pedro, de Lugo. As colaboracións xa se están entregando na secretaría da parroquia, deixando nota da persoa que as aporta. 

Sementeira no horto solidario de San Antonio de Padua

foto 003 - copia
Foto tomada un ano anterior

O sábado, 30 de abril, comeza a sementeira na horta solidaria da parroquia de San Antonio. Nas terras da zona de Saamasas que os veciños cederon para o cultivo.

Cáritas parroquial de San Antonio de Padua (Lugo) conta co proxecto “Horta Solidaria”. Esta iniciativa, que xorde dos propios fregueses da parroquia, intenta paliar as situacións de pobreza que afectan ao barrio ao mesmo tempo que se busca crear un clima de fraternidade e de caridade entre os membros da comunidade parroquial.

A parroquia agradece especialmente a súa colaboración a Gandería Cambra de San Xoán do Campo e a Servizos e maquinaria agrícola Moure de Portomarín, porque, ano tras ano, de forma altruísta doan uns o abono e os outros o transporte.

Viaxe polos mosteiros de Romanía

Romania e os seus mosteiros

As parroquias A Milagrosa e San Antonio de Padua (Lugo) organizan unha viaxe polos mosteiros de Romanía do 23 ao 30 de abril. Visítase Bucarest, Brasov, Piatra Neamt, Gura Humurului, Sighisoara, Sibiu.

Sábado 23 Abril: LUGO – MADRID – BUCAREST

Domingo 24 Abril: BUCAREST – SI NAIA (Mosteiro fundado en 1.695 por Miguel Cantacuzino) – BRASOV (coa famosa fortaleza do século XIV, coñecida no mundo como o “Castelo de Drácula”)

Luns 25 Abril: BRASOV (cidade pintoresca coroada polo Castelo de Bran) – LAGO VERMELLO – PIATRA NEAMT

Martes 26 Abril. PIATRA NEAMT – MOSTEIROS DE BUCOVINA – GURA HUMORULUI/ RADAUT. Tamén se visita o mosteiro de Voronet coñecido como a Capela Sixtina de Oriente.

Mércores 27 Abril: GURA HUMORULUI/ RADAUTI – SIGHISOARA, patrimonio da UNESCO.

Xoves 28 Abril: SIGHISOARA – SIBIEL (o Museo das coleccións de iconos sobre vidro ) – SIBIU (Capital Europea da Cultura no ano 2007)

Venres 29 Abril: SIBIU – MOSTEIRO DE COZIA (século XIV, arte bizantina ao estilo rumano).

30 Abril: BUCAREST – MADRID

Peregrinación de parroquias do Páramo á Catedral

 

Xubileo parroquias do Páramo 3 - copia

O 17 de abril máis de 70 persoas de sete parroquias do Páramo peregrinaron á Catedral de Lugo para gañar o Xubileo no actual Ano da Misericordia. Ás 11:30 h concentráronse na Praza de Santa María, onde os recibíu o bispo, mons. Alfonso Carrasco e o deán da catedral, Mario Vázquez, quen despois dunha explicación dos ritos do xubileo e o significado da entrada pola porta santa, presidíu a celebración eucarística, concelebrada polo párroco, José Manuel Castro. Rematada a Misa, visitaron a Catedral e, no claustro, o cóengo César Carnero, fixo un percorrido pola historia da mesma. A continuación compartiron  un xantar de confraternidade.

A %d blogueros les gusta esto: