Viaxe a Francia das parroquias da Milagrosa e San Antonio

O 13 de setembro as parroquias da Milagrosa e San Antonio (Lugo) organizan unha viaxe dunha semana a París, Normandía e Bretaña visitando os seguintes lugares:

  • Visita panorámica de Nantes e Paris con guía local.

  • Visita de Vannes, Concarneau, Quimper, Locronan, Pleyben, Dinan e Honfleur.

  • Excursión ás Praias do Desembarco con guía acompañante.

  • Visita da Abadía do Mont Saint Michel, comentado polo guía propio.

  • Visita da Capela da Milagrosa en Paris.

  • Cruceiro polo Sena.

Información e reservas: A Milagrosa 982 214 265 / San Antonio: 982 215 814

Centenario do templo parroquial de Lalín

Co lema «Cen anos no corazón», Lalín celebrará o centenario do seu templo parroquial.

Ás 12 da mañá do próximo martes 19 de marzo, o Bispo presidirá na igrexa parroquial de Lalín a Misa Solemne de acción de grazas a Deus polos cen anos de historia deste templo.

Como conta o historiador Antonio Vidal Neira, en maio de 1903 iniciouse a construción da nova igrexa de Lalín rematándose 16 anos despois. Rematadas as obras, a falta da torre, inaugurouse e bendiciuse o 19 de marzo de 1919. O bispo de Lugo don Manuel Basulto, presidiu a Misa Pontifical acompañado polo párroco don José María López Castro, os arciprestes de Deza, Camba e Dozón, don Buenaventura Cañizares, cóengo e antigo cura de Lalin, don Teolindo Gallego e don Gregorio Saavedra Ascariz, párroco de Bendoiro, encargado do sermón.

A parroquia de Lalín foi creada, de acordo ao arranxo parroquial decretado por Frei Gregorio María Aguirre no ano 1890, quedando suprimidas San Martín de Lalín de Arriba e San Cristóbal da Pena.

«Cen anos no corazón». Lema e logotipo

O lema escollido tráenos á memoria a necesidade da que falaba o papa Benedicto XVI: «cando un se detén en silencio, precisa sentir non só o palpitar do seu propio corazón, senón, de maneira máis fonda, o latexar dunha presenza confiable, que se pode percibir cos sentidos da fe e que, con todo, é moito máis real: a presenza de Cristo, corazón do mundo».

«Cen anos no corazón» é o tempo que esta igrexa leva no centro de Lalín, un pobo considerado por moitos como «o corazón de Galicia». Ademáis fai presente que neste ano se conmemora o centenario da Consagración de España ao Sagrado Corazón de Xesús, copatrono desta Parroquia. A pretensión da mesma é ser a vida que xorde do Corazón de Xesús, a manifestación dun pobo que ten unha identidade concreta: «a dignidade e a liberdade dos fillos de Deus en cuxos corazóns habita o Espírito Santo como nun templo» (LG, 9).

Sendo conscientes de que «o corazón fala ao corazón», como dicía o lema do beato cardeal Newman, escolleuse como imaxe representativa o corazón. Dúas cores, a vermella e a dourada, representan unha o sangue dos mártires de tódolos tempos, semente de cristiáns, e a outra, á nosa Diocese de Lugo, que utiliza esta mesma tonalidade no seu propio logotipo. Os «raios de luz» que saen do corazón son imaxe dese mandado de Xesús aos seus discípulos: «vós sodes a luz do mundo. Non se pode ocultar unha cidade posta no alto dun monte. Tampouco se acende unha lámpada para metela debaixo da artesa, senón para poñela no candeeiro e que alume a todos os da casa. Brille así a vosa luz ante os homes, para que vexan as vosas boas obras e dean gloria ao voso Pai que está nos ceos» (Mt 5, 14-16).

Novena da Graza na Parroquia San Francisco Xavier

A Parroquia San Francisco Xavier, na cidade de Lugo, celebra a Novena da Graza ata 12 de marzo

HORARIOS DA NOVENA:

Mañá: 7, 30 h rosario e procesión  8 e 12h Novena e Eucaristía

Tarde: 18 h rosario 18, 30h e 20h Novena e Eucaristía

Domingo: 10; 11: 30; 12: 30 e 18: 30

ACTOS ESPECIAIS:

Día 7 UNCIÓN DE ENFERMOS ás 4, 30 da tarde

Día 9 ADICADO Á VIRXE, procesión de Fachos despois da Eucaristía das 20h.

Día 10 procesión desde o Barrio de Montirón ás 9, 30 da mañá.

Día 11 CELEBRACIÓN COMUNITARIA DO PERDÓN ás 7.

Día 12 darase a VENERAR A RELIQUIA do santo nas eucaristías.

Padre predicador: Rvdo. Héctor Peña, misioneiro comboniano.

Confesións en todos os actos.

Festival da Esperanza na Parroquia da Milagrosa

Na Parroquia da Milagrosa terá lugar o venres 23 de novembro ás 20:15 horas o V Festival da Esperanza, unha actividade benéfica no Salón de Actos do Colexio Divina Pastora (Salesianos). Este festival está organizado por un grupo de mozos que a través da música queren facer algo polos demais, porque están convencidos que é posible unha sociedade máis solidaria e xusta. A Igrexa esfórzase cada día en que así sexa en tantos lugares.
O Festival da Esperanza é unha ocasión máis para tomar conciencia das necesidades do próximo e da comunidade, descubrir e recoñecer que son maioría – xente sinxela e anónima- os que se empeñan en pór o seu granciño de area para que ningunha persoa sexa excluída. Quizais nas nosas mans non está resolver todos os problemas do mundo, pero o que si é a nosa responsabilidade é levar e dar esperanza a tantos irmáns e irmás nosos. O Evanxeo de Xesús é Boa Nova, pode ofrecerse aos demais cousas boas.
Co Festival da Esperanza iníciase na Parroquia da Milagrosa a Campaña Solidaria de Nadal, que tamén inclúe: a Cea Benéfica de Cáritas Parroquial o venres 14 de decembro, recollida e repartición extraordinaria de alimentos por Nadal o venres 21 de decembro. A repartición de xoguetes será o venres 4 de xaneiro de 2019; e ao día seguinte, 5 de xaneiro, a Misa de Nenos coa visita de SS.MM. os Reis Magos de Oriente despois da Misa.

A %d blogueros les gusta esto: